Cando se comeza unha nova etapa
tendemos a planificar corrixindo erros, se
os houbo, adaptándonos á nova realidade,
se é o caso, ou pensando en avanzar
con sentido positivo para mellorar na fidelización e nos resultados.
Somos dos que pensamos que non se trata dunha disxuntiva, ou isto ou aquilo, senón de compaxinar as tres posibles
actitudes: non todo se fai sempre ben; a realidade cambia constantemente, e nestes tempos máis aínda; nun mundo tan competitivo,
innovador e creativo, non hai outra cousa
máis positiva que avanzar.
Por tanto, revisar, reflexionar e programar son tres etapas dunha mesma realidade. Pero isto
non sae
dun cerebro
máxico senón dun esforzo colectivo, nunca é resultado dunhas eleccións
estatutarias, senón, máis ben,
dun equipo humano que poña moito empeño en mellorar
apoiándose en todas as sinerxías e forzas
que conflúen nese momento, sen esquecer
a ninguén, aproveitando todas as oportunidades e fortalezas que se presenten.
Deterse ou laiarse non achega nada.
En AGACA estamos ante unha realidade nova, pero non o digo só porque o equipo que conforma o Consello Reitor sexa,
en parte novo, porque aínda que os que chegan novos ou
con responsabilidades diferentes, deban achegar o mellor
de
si mesmos, tamén sufrimos
a
perda dos
veteranos que se foron, tres persoas entrañables, cada cal mellor,
que deron o mellor de si
mesmos para
acadar importantes retos. Por iso, para eles o noso recoñecemento e agradecemento, pero tamén lles pedimos
que
sigan axudando a construír este cooperativismo que se fixa novas metas.
Os que quedamos, os que seguimos,
debemos propoñernos avanzar con entusiasmo para construír un
cooperativismo con vocación integradora. Temos que
caer na conta de que somos
moi pequenos e de que perdemos moito tempo en “reparacións” e no camiño, e analizar en profundidade que a agresividade dos mercados, o intento de monopolizar da gran distribución, a falta de creatividade
que agora se di “innovación”, afóganos na monotonía conservadora de subsistencia, no mellor dos casos.
Non podemos permitir que as cooperativas que están integradas con nós perdan forza
ou se debiliten arrastrando a moitos socios que tanto loitaron e tanto sacrificaron por manterse vivos.
O noso minifundismo cooperativo debilítanos, as nosas
estruturas pesadas en proporción á nosa facturación e produción,
arruínannos.
Temos exemplos claros nestes últimos tempos, exemplos
claros da nosa capacidade integradora e creativa: aí está
a compra de CLESA
por
10 cooperativas socias, ACOLACT, que xa produce sobremesas e derivados lácteos que poñen valor engadido ao produto dos nosos
socios; tamén UCOGA,
unha correduría
de seguros que aínda nos seus albores xa promete optimismo para as sete cooperativas que a constituíron e que se propón
integrar inmediatamente algunhas máis; igualmente importante o proxecto
comercial de HORTA, que xa se ve desbordado para poder
subministrar produtos de máxima calidade e cumprir
os compromisos adquiridos coa gran distribución que apostou por nós; agora APROLACT,
S. Coop. Galega, a OPL das cooperativas, unha
Organización de Produtores constituída por nove cooperativas que reúnen unhas 360.000 toneladas
de leite, pero que segue traballando en avanzar de cara a unha dimensión supraautonómica.
En conclusión,
teremos que facer un esforzo especial por integrarnos entre nós
e dar pasos para integrarnos con outras cooperativas coas que coincidamos
en obxectivos. Xa se ve que o tema é importante e que
merece a pena dedicarlle un tempo para considerar alternativas, pero haberá que comezar a construír un ambiente favorable colaborando e integrándonos en todo o que
sexa posible: comercialización, persoal téc- nico, programación, órganos de dirección, etc.
Por algo se empeza, mellor
dito, hai que seguir avanzando.
Axúdanos a caer na conta da importancia
de facer cooperativas fortes, a nova Lei
de Integración Cooperativa que se acaba
de aprobar no Congreso, que podería ser obxecto doutro debate.